mércores, 23 de novembro de 2016

O ratón ye o gato

Era un ratón que andaba a orillas dun tonel de viño ye andaba dando voltas orredor e caéu abaixo e bueno, taba elí medio afogado... Tábase afogando e cuando taba xa que eso, pois asomóuse un gato elí erriba e víuol e miróu pre él e díxolle o ratón:
- Oíche ho, se me sacas de eiquí déixoche comerme.
Ye entonces vai o gato e sacóuol pre riba e iba comelo e díxolle:
- Espera un pouco ho; deixa que me sacuda algo.
Ye entonces o gato vai e sacúdese un pouquitín, peró víu un furado elí cerca e ¡bum! metéuse pra aló.
Entonces o gato chamóuol a cuentas e díxolle:
- Oíche, pero ¿non me dixeche que se che sacaba deixabas comerme?
E dice o rato:
- Peró bueno home, ¿tu vas facer caso de borrachos?

Conto localizado en: López Valledor, Fanny. (1999). Literatura de tradición oral nos Coutos (Ibias). A Caridá: Xeira.

Ningún comentario:

Publicar un comentario

Veña ho, ¡nun vas quedar calado agora!